Webs e redes · negocios locais · Galicia

Acende
o teu
negocio.

Ti ao teu. Nós ao lume. Web, fotos e publicacións para que o teu negocio brille xusto onde a xente xa te busca.

✦ Sen permanencia ✦ Sen tecnicismos ✦ Trato directo cunha persoa

O teu escaparate dixital

De apagado
a acendido

Os teus clientes míranche en Instagram antes de entrar pola porta. Un perfil parado transmite negocio parado. Dálle ao interruptor e mira a diferenza.

Apagado→Acendido
Apagado
Dálle ao interruptor ↑
✦ Gústalle a 24 persoas
N
@oteunegocio
Última publicación: hai 4 meses
🕯️
🪴
🖼️
☕
🧺
✨
Perfil sen actividade · 0 mensaxes esta semana

Os servizos

O que facemos

Todo co deseño e a voz do teu negocio. Ti escolles galego ou castelán. Sen plantillas xenéricas.

01Redes sociaisXestión completa de Instagram e Facebook, mes a mes.
02ContidoPublicacións deseñadas coa identidade do teu negocio.
03FotografíaFotos de produto que dan ganas de entrar pola porta.
04ReelsVídeo curto pensado para que se comparta só.
05PublicidadeCampañas en Meta para chegar máis alá do barrio.
06EstratexiaUn plan claro do que se publica e cando.

Web nova

Aínda non
tes web?

Moitos negocios boísimos non aparecen en Google porque non teñen onde. Fágoche unha web sinxela, rápida e feita para o teléfono, coa cara do teu negocio. Sen mensualidades para tela: págase unha vez e é túa.

01Prezo pechadoO que custa é o que pagas: metade ao empezar, metade ao publicala.
02Todo dentroAta cinco seccións, dominio e correo do negocio o primeiro ano, e botón de WhatsApp.
03Feita para o móbilPorque é onde te van mirar, na rúa e camiño da túa porta.
04A web é túaSe algún día queres marchar, lévala contigo. Non a alugas.

499€ máis IVE · pago á metade

Inclúénse dúas roldas de cambios. Os textos e as fotos pónolos ti; se non os tes, axúdoche. Se despois queres que a manteña ao día, son 30€ ao mes (dominio, correo, copias e cambios pequenos).

Plans mensuais de redes

Escolle o
nivel de lume

Tres intensidades. Sen permanencia: quedas porque funciona, non porque un contrato te obrigue.

01 Faísca Para que o teu negocio estea vivo en redes. 200€ /mes
8–12 publicacións/mesInstagram + FacebookDeseño e textos incluídosCalendario mensual
02 Lume O máis pedido Para negocios que queren comunidade, non só publicacións. 350€ /mes
Todo o de FaíscaStories semanaisResposta a comentarios e mensaxesInforme mensual
03 Fogueira Para quen quere medrar en serio. 600€ /mes
Todo o de LumeReels editadosCampañas de publicidade en MetaEstratexia trimestral

Non tes claro cal? Na auditoría gratuíta dicímosche cal encaixa co teu negocio — sen compromiso.

Tarefas que se repiten

Hai algo que fas
todas as semanas?

Se tes unha tarefa que che come horas e sempre é igual, cóntamo. Ás veces pódese automatizar e outras non, pero dígocho claro e sen rodeos.

01Pedidos a manPasar ao ordenador os pedidos que chegan polo WhatsApp.
02A mesma preguntaContestar vinte veces ao día a que hora abres.
03PresupostosEscribir sempre o mesmo cambiando catro números.
04Clientes que marchanSaber quen mercaba a miúdo e hai meses que non aparece.

Ves o botón laranxa da esquina? Ese asistente responde as preguntas desta web mentres eu traballo. Algo así pódese poñer no teu negocio.

Cóntamo polo WhatsApp →

Quen está detrás

Non somos
unha gran
axencia

Detrás de Acender non hai unha gran axencia: hai unha persoa da Coruña á que lle apaixonan o comercio local e o dixital. Cando traballas comigo falas sempre coa mesma persoa — a que pensa o contido, a que o deseña e a que responde as túas mensaxes.

Sen intermediarios, sen xerga técnica. Un WhatsApp e listo.

— Adrián, Acender Dixital

Falamos? →

Preguntas frecuentes

O que sempre nos preguntan

Canto tarda unha web?
Se me pasas os textos e as fotos, entre unha e dúas semanas. O que máis adoita atrasar non é o traballo: é agardar polo material. Por iso, se non o tes, axúdoche a preparalo.
Canto tempo me vai levar a min?
Case nada: unha conversa ao mes e mandarnos unhas fotos do teu negocio cando poidas (dicímosche cales e como facelas). Do resto encargámonos nós. É xusto o punto: que ti non teñas que pensar en Instagram.
Teño que saír eu nas fotos ou nos vídeos?
Non, se non queres. Hai mil formas de facer contido bonito sen que saias ti: o produto, o local, os detalles, as mans traballando. Aínda que se algún día te animas, o contido con persoas funciona moi ben.
Hai permanencia ou letra pequena?
Non. Traballamos mes a mes. Se un mes queres parar, paras. A nosa aposta é que quedes porque funciona.
Traballades fóra da Coruña?
Si, con toda Galicia. O groso do traballo faise en remoto, así que tanto ten se o teu negocio está na Coruña, en Ferrol, en Lugo ou nunha vila pequena. O importante é o teu negocio, non o código postal.

Auditoría gratuíta · sen compromiso

Tes un negocio.
Agora imos
acendelo.

Quero a miña auditoría gratis →